
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Outeiro de Rei
Parroquia: Aspai (San Cibrao)
Lugar: Aspai
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de tipo Barroco (século XVII), con nave de boa sillería de granito, cuberta a dúas augas con lousa e con armadura de madeira. O antigo altar de madeira foi substituido por un de pedra. A porta principal ten arco de medio punto. Espadana de dous vans, con substitucións de franxas verticais nos tres alicerces. A capela maior, máis ampla e elevada ca nave, muros de pedra e cuberta a catro augas. Arco triunfal de medio punto, en aresta. Un chanzo semicircular, de granito, dá acceso ao presbiterio.
O retablo neoclásico suprimiuse por deteriorado e para deixar á vista o “primitivo” que estaba tapado. Están expostos San Cipriano, Santo Anxo da Garda, Santo Cristo e a Inmaculada.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– Panel sinaléptico do lugar.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.086168199925Lonxitude: -7.6691769060445
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




