
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Outeiro de Rei
Parroquia: Candai (San Vicente)
Lugar: Candai
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Igrexa barroca, ampla e de bonitas proporcións. Está toda revogada de cal, agás o presbiterio e o frontis, que é de grandes bloques de granito ordenados en sillar. Portada de lintel semiarqueado, óculo e torre de dous corpos con tres campás penduradas. Acceso baixo grosos muros para amarre da torre. Chan co centro de granito e os laterais de baldosa. Coro alto aos pés. Porta e dúas xanelas no lateral sur. Capela maior, de maiores dimensións e máis elevada ca nave, cadrada, a catro augas. Arco triunfal de medio punto, sobresaínte. Sancristía posterior ao presbiterio con dous accesos. Chan de granito, pila bautismal e pila de auga bendita. A igrexa actual foi reedificada en 1877, sobre os restos dunha antiga, seguramente románica.
En maio de 1959, a familia de D. Pedo Álvarez Sanjurjo, doou un reloxo que daba horas e medias para o servizo do pobo. Segundo a esfera, o reloxo é de Viuda de Murua. Hai unha placa que dí que o párroco e colaborador de dita doazón era D. Jesús Suarez Ferreiro.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– Panel sinaléptico do lugar.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.094052521995Lonxitude: -7.6889990571156
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




