Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Outeiro de Rei
Parroquia: Gaioso (Santiago)
Lugar: Lugar da Igrexa, s/n.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Igrexa que ofrece un nobre aspecto, con grosos muros de granito. Nave a dúas augas, porta lateral sur. Frontispicio con porta alintelada e esvelta espadana de dous vanos. Coro alto aos pés.
Presbiterio máis elevado e amplo que a nave, a catro augas. Arco triunfal de medio punto, sobre pilastras. Pavimento do templo con grandes pezas de granito. Atrio – cemiterio ao redor.
Sancristía no lateral norte do presbiterio, cun segundo acceso á capela de San Roque, a cal posúe unha ampla arcada de acceso.
Retablos: capela maior, barroca, século XVIII – XIX, de corpo central con tres fornelas e catro columnas salomónicas. Aos laterais deste corpo central hai dous retablos pequenos, barrocos, máis antigos que o central.
Imaxes: No ático, Santiago Matamoros, boa peza de principios do s. XIX; nos laterais San Roque e San Antonio.
Pía bautismal moderna, con relevo (un querubín e a cabeza de Santiago peregrino en pé). No atrio consérvase unha mesa de pedra que era usada antigamente para poxar ofrendas que facía a xente cando lles enfermaba algún animal.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– https://outeiroderei.gal/turismo/patrimonio-historico-artistico/igrexas.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.126058978327
Lonxitude: -7.6706640411499
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84