
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Guitiriz
Parroquia: Santa Mariña de Lagostelle (Santa Mariña)
Lugar: Santa Mariña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Edificación do ano 1897 feita sobre unha anterior adicada á Virxe do Carme. O que hoxe podemos ver é unha reconstrución feita despois dun incendio oocurrido no ano 1950.
Construída en cachotaría e cantaría irregular granítica, esta igrexa presenta planta rectangular cunha soa nave con cuberta a dúas augas. Nos esquinais da mesma vemos dúas pequenas cruces pétreas a xeito de pináculo.
A fachada principal presenta porta lintelada e, sobre ela, unha fiestra. O conxunto remata cunha espadana dun so oco que remata cunha cruz pétrea na cimeira e dúas puntas de diamante nos laterais.
Dentro do adro e diante da fachada principal podemos ver un cruceiro (https://patrimoniogalego.net/index.php/120819/2025/07/cruceiro-no-adro-da-igrexa-parroquial-de-santa-marina-de-lagostelle/).
Xa fora do adro atópase a reitoral (https://patrimoniogalego.net/index.php/120823/2025/07/reitoral-de-santa-marina-de-lagostelle/).
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
O interior da sancristía alberga un Cristo popular baixo dosel tosco e un cálice de prata, os dous elementos datados no século XVIII.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB
PXOM Concello de Guitiriz (ficha 2.1-20)
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.18082910771Lonxitude: -7.9403660107958
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




