Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Guitiriz
Parroquia: Santa Mariña de Lagostelle (Santa Mariña)
Lugar: Santa Mariña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Dentro do adro e diante da igrexa parroquial (https://patrimoniogalego.net/index.php/120815/2025/07/igrexa-parroquial-de-santa-marina-de-lagostelle/) podemos ver este cruceiro do ano 1700 que nace sobre dous chanzos de sección cadrada.
A súa base, cuadrangular e coas arestas superiores rebaixadas, da paso a un varal de sección cadrada nos extremos e de arestas rebaixadas na súa parte central.
A continuación o capitel tronco-piramidal invertida sen volutas da paso a unha cruz de sección cuadrangular, arestas rebaixadas e remates florenzados botón central. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Inmaculada Concepción apoiada sobre unha media lúa no reverso.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Nunha das referencias bibliográficas consultadas podemos ler que “no ano 1991 o cruceiro situado na parte posterior da igrexa pasou para o fronte”.


Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
PXOM Concello de Guitiriz (ficha 3.6-25)
https://cruceirosdegalicia.xyz/2702209.html

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
ARRIBAS ARIAS, Fernando e BLANCO PRADO, José Manuel (1999). Cruceiros de Guitiriz. Cadernos do Seminario de Sargadelos, 81. Edicios do Castro.
GAY MÉNDEZ, Aurora (1995). O Concello de Guitiriz. Ed: Diputación Provincial de Lugo.
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia.

REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.180750377259
Lonxitude: -7.9403586056785
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84