Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Noia (comarca) / Porto do Son
Parroquia: Queiruga (San Estevo)
Lugar: O Campo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro sobre plataforma cuadrangular de tres chanzos. Pedestal cúbico con arestas rebaixadas na parte superior das esquinas e rematado cunha roda con bocel. Varal octogonal cunha imaxe dun bispo. Capitel cilíndrico con volutas e caras. Cruz cuadrangular co Cristo crucificado e unha virxe cos brazos en actitude de oración


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

As pedras da plataforma estanse separando perigosamente polos golpes causados por vehículos pesados que pasan sen respectar a distancia ao cruceiro.


Referencias bibliográficas:

Páxina 22 deste pdf do Catálogo de Bens Culturais do PXOM do Concello do Porto Son do ano 2016
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/PORTODOSON/documents/28002ca002.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A separación dos perpiaños do primeiro chanzo da plataforma, pode facer que se derrube o conxunto, ao ser esta a base principal do cruceiro.


Onde está localizado

Latitude: 42.676885031891
Lonxitude: -9.0230777372679
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84