Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Silleda
Parroquia: Siador (San Miguel)
Lugar: Lugar de Penadagra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A sobreira de Siador, situada no lugar de Penadagra, ten unha idade estimada de 500 anos. Está integrada no Catálogo de árbores senlleiras por resolución de 1 de xuño de 2009 da Dirección Xeral da Conservación da Natureza da Consellaría do Medio Rural previo expediente iniciado polo Concello de Silleda.
O seu nome científico, Quercus Suber. É unha árbore perennifolia que pode acadar os 20 metros de altura. Froitos en noz de 2 a 4 cm. Florece de abril a maio, madurando as landras no outono. Esténdese principalmente polo cadraante suroccidental da península, norte de Portugal e nordeste de Cataluña. Na comarca do Deza existen agrupacións localizadas en zonas cun microclima de características mediterráneas, (sobreiras do río Arnego, zonas do río Toxa e Deza).
Segundo a información do 2018, Diámetro a 1,30 metros: 2,7 metros. Distancia de copa: 30 metros. Perímetro: 8 metros e a súa idade estimada: 500 anos.
É moi destable este exemplar único, nun lugar que está no límite do que sería o seu habitat natural e cunha idade considerable, tendo en conta a contorna humanizada na que “sobrevive”. Está situada no entorno do Santuario da Saleta, o primeiro santuario saletino da península.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– Panel indicativo do lugar.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.679703573814
Lonxitude: -8.2408605199828
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84