
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Estrada
Parroquia: Cereixo (San Xuro)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:
Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica con molduras na parte superior presenta lendas en dúas das súas caras que rezan así:
“ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE SAN XORXE. ANO MMVII”
O seu varal posúe a primeira metade en sección cadrada e o resto en sección octogonal. Xusto no medio vemos unha fornela coa imaxe pétrea do patrón da parroquia.
A continuación un capitel con volutas e caras de anxos nos catro lados.
O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada coas arestas rebaixadas na que aparecen as figuras de Cristo crucificado baixo cartela de INRI acompañado dun anxo que recolle o sangue nun cáliz no anverso, e a Virxe co seu fillo no colo no reverso.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/3601705.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.681556787518Lonxitude: -8.445015912271
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




