
Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Ourense (comarca) / Pereiro de Aguiar
Parroquia: Santa Marta de Moreiras
Lugar: Pedraio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
Documentada polo Colectivo Patrimonio dos Ancares o 5 de marzo de 2025. Atópase reutilizada horizontalmente no muro dunha casa. Aínda que a epígrafe, gravada en cinco liñas, atópase bastante erosionada na parte central, lemos claramente nas dúas primeiras a palabra “ANABA / RAECO”, e na última a habitual fórmula, abreviada, “V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito)”, onde a persoa que mandou facela sinala que cumpriu a promesa feita a unha divindade. A ara, na súa parte superior, foi repicada, perdendo as letras que figuraban nese espazo. Aínda que cómpre ser cautelosos, é probable que figurara o nome de “REVE” que, xunto co epíteto “ANABARAECO”, faría alusión a unha deidade autóctona.
Ata o presente, as aras dedicadas a REVE ANABARAECO concentran a súa presenza en media ducia de epígrafes aparecidas na cidade de Ourense. O que nunca saberemos, ao estar descontextualizada, é a procedencia exacta desta de Pedraio, se ben é probable que non estaría moi lonxe.
Vai ser incluída na publicación Epigrafía romana de Galicia II: Provincia de Ourense, editado pola Fundación Monteagudo, cuxa presentación está prevista para o día 23 de setembro de 2025.
Cando a localizamos iamos na procura dunha ara anepígrafa (sen inscrición) da que nos informara D. Xosé Lois López de Prado Arias, que en tempos estivera na praza da aldea, utilizada como asento. Esta posible ara desapareceu. Daí o noso agradecemento ao D. Xosé Lois xa que grazas á visita que fixemos a Pedraio permitiunos documentar esta con epígrafe.
Despois de comunicarllo ao Servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia en Ourense, foi visitada polos seus arqueólogos e catalogada.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Romanización de Galicia. Provincia de Ourense: https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/romanizacion-de-galizagalicia-ii.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.313723740217Lonxitude: -7.7936054833865
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84



620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




