Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Outeiro de Rei
Parroquia: Roás (San Miguel)
Lugar: Adro da Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal troncopiramidal. Ten relevos inscritos en cada unha das súas caras: No lado do anverso presenta a Cristo coa cruz ó lombo entre dous romanos. Polo reverso presenta a flaxelación de Cristo. Á dereita do anverso presenta a Cristo durante a súa caida coa cruz entre dous romanos e por último, Cristo coa cruz entre dous romanos, un dos cales suxeita a Xesús cunha corda ao pescozo. O varal cuadrangular con chafráns, mostra a figuras da Paixón: Martelo, tenazas, escada e unha lanza. O seu capitel é cuadrangular con astrágalo cuadrangualar e liso. Ábaco de lados curvos e vértices achafranados, ademais ten, volutas e querubíns. A súa cruz é cuadrangular con chafráns con remates florenzados con botón central. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo sobre unha caveira. Inclina a cabeza lixeiramente cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas sobre o peito. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación agás a plataforma.
Tamén é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.234470806412
Lonxitude: -7.496730268301
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84