
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Outeiro de Rei
Parroquia: Santa Cristina (San Xiao)
Lugar: Adro da igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cuadrangular cun gran chafrán onde amosa relevos inscritos en tres das súas caras, representando a flaxelación, caída coa cruz e o Cinerero axudándolle a levala cruz. Debaixo destes relevos hai unha inscrición. Pola esquerda do anverso: “LO PUSO MANUEL/ DIAZ Y DIAZ/ Y SU MUGER”. Pola parte do reverso: “EL OBISPO DE MON/ DOÑEDO CONCEDIO/ 40 DIAS DE INDULGENCIAS”. O varal cuadrangular con chafráns, mostra a figuras da Paixón: Martelo, tenazas, escada e unha lanza. O seu capitel é cuadrangular con astrágalo cuadrangular e liso. Ábaco de lados curvos e vértices achafranados, ademais ten, volutas e anxos alados. A súa cruz é cuadrangular con chafráns con remates florenzados con botón central. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo sobre unha caveira. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas sobre o peito. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación agás a plataforma.
Tamén é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– ARRIBAS ARIAS, Fernando & BLANCO PRADO, José Manuel: CRUCEIROS DE BEGONTE, COSPEITO E ´RABADE. Edicios do Castro. Cadernos do seminario de Sargadelos número 87, 2000.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.240171779804Lonxitude: -7.5364059140093
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Nov 15, 2025
Este cruceiro atópase no concello de Cospeito, non no de Outeiro de Rei.
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/270151203.html