
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Outeiro de Rei
Parroquia: Paz (San Fiz)
Lugar: Lugar da Igrexa, s/n.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Casa reitoral, atrio e cemiterio forman un pintoresco conxunto. O templo é do século XVIII, con reformas posteriores, bo granito. Frontispicio de espadana, nave a dúas augas, lousa sobre valiosa armadura de madeira. Dúas capelas laterais a tres augas e presbiterio máis elevado a catro augas. Sancristía na parte posterior cunha soa vertente.
No interior, o piso é de cemento. Conxunto de artísticos bancos de castiñeiro, pía bautismal moderna e de mármore. Coro de madeira, con balaustrada, sinxelo. Porta lateral sur e pía de auga bendita.
Dous arcos laterais, de aresta, dan acceso ás capelas, con retablos sen valor, no lateral esquerdo: Cristo, século XVIII e Virxe de Fátima e no dereito, Virxe do Carme. No presbiterio, arco triunfal rebaixado e un retablo, sen valor, neoclásico, que ocupa o lenzo superior do citado presbiterio, con dous corpos: Cristo do século XVI, San Pedro Félix e un San Antonio. Porta do sagrario con relevo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– https://outeiroderei.gal/turismo/patrimonio-historico-artistico/igrexas/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.092484684145Lonxitude: -7.514286170799
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




