Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Outeiro de Rei
Parroquia: Bonxe (San Mamede)
Lugar: Lugar da Eirexe, s/n.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Igrexa con cuberta corrida sobre a nave e a capela maior, a dúas augas, formando unha terceira na parte posterior da capela maior, muros revogados de cal, con bloques de granito descubertos nas partes máis nobres. Sancristía na parte posterior do edificio, e unha capela lateral á dereita da nave. Porta de acceso con lintel semiarqueado, xanela rectangular e espadana de dous vans. Os muros da capela maior sobresaen un pouco aos da nave. Coro aos pés con fronte semicircular e balaustrada de madeira. No lateral dereito, arco de acceso, de granito, a un local destinado á pila bautismal e a dous confesionarios. Presbiterio con armadura de madeira a catro augas. Pequeno retablo con catro columnas estriadas que soporta un frontón.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– Panel sinaléptico do lugar.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.105310715722
Lonxitude: -7.5760435846878
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84