
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Outeiro de Rei
Parroquia: Folgueira (San Nicolás)
Lugar: Lugar de Folgueira, s/n.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Templo dun só corpo, sancristía na parte posterior con cuberta máis baixa co resto. Frontis esvelto. Espadana de dous vans onde pendura unha soa campá de 1897 fundida por José de la Sota en Lugo. Porta alintelada e xanela rectangular sobre ela. Coro alto aos pés. Retablo cun corpo de tres nichos e ático: San Nicolás, San Fernando, San Antonio e Inmaculada coas mans xuntas.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– Panel sinaléptico do lugar.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.130674576781Lonxitude: -7.5719635489597
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




