Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Outeiro de Rei
Parroquia: Arcos (San Pedro)
Lugar: Lugar Torres, 4.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Igrexa de tipo rural, pero con notas peculiares. Nave corrida a dúas augas coa parte posterior máis elevada con bóveda de crucería e unha xanela por lado. Frontis con porta alintelada, no medio dúas xanelas con reloxo no centro e espadana de dous vans. Toda a igrexa está revogada de cal. No lateral Norte sobresaen a capela dedicada ao Ecce Homo. Coro aos pés, no alto cuberta de madeira. O presbiterio cóbrese a tres augas, con arco triunfal de medio punto en aresta. Sancristía na parte posterior. O teito do presbiterio é unha bóveda de pedra de transición entre o románico e gótico.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– Panel sinaléptico do lugar.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.120070175158
Lonxitude: -7.5139992879381
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84