Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Outeiro de Rei
Parroquia: Aguiar (San Clodio)
Lugar: Outón.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa pequena, primitiva, parece de orixe románica con posteriores transformacións. O lateral Sur da nave parece ser a parte máis antiga. A cuberta, de laxa, cobre nun mesmo plano, nave e capela maior, unha terceira auga na parte posterior da capela e de muros un pouco máis amplos. Pequena sancristía no lateral norte. O frontis con porta alintelada ofrece grandes bloques colocados irregularmente. O pavimento é de terrazo e a cuberta de armadura de madeira, rústica. O presbiterio carece de arco triunfal e presenta un chan de grandes laxas e un banzo de acceso.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– Panel sinaléptico do lugar.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.084179316642
Lonxitude: -7.542572915554
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84