Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Cortegada / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Louredo (San Xoán)
Lugar: Louredo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Peto de ánimas situado no lugar de Louredo na aldea do mesmo nome. O peto de ánimas está formado por un soporte e o camarín das ánimas (representa a típica escea de purgatorio excepto que entre os personaxes condeados aparece un rei, e no alto tres personaxes diferenciados: á esquerda unha Virxe, no centro un anxo e á dereita un monxe que semella ser franciscano) o cal gradaba ata fai pouco restos de policromía das chamas e algunha túnica.O conxunto péchase cunha cornixa moldurada sobre a que se atopaban dous picos(un deles nunha casa particular veciña).
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Altorrelevo das ánimas e cornixa moldurada
Tradición oral:
Antes atopábase ao lado dun cruceiro na praza do Cazapedo(agora o cruceiro atópase no “barrio” da Torre e o peto de ánimas no lugar de Louredo).
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2217004Lonxitude: -8.1455226
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Xul 16, 2019
Engado a seguinte páxina web con información sobre este peto de ánimas:
https://delouredo.blogspot.com/2016/12/peto-louredes.html
Oscar Franco says:
Xuñ 25, 2023
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html