
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Outeiro de Rei
Parroquia: Parada (San Xoán).
Lugar: Lugar da Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de planta de cruz latina, formada por dúas capelas laterais, con presbiterio máis amplo e elevado. Frontis de granito, porta alintelada, óculo e espadana dun van coroada por outro pequeno corpo. Toda a fábrica está revogada de cal, nave cunha porta lateral, capelas a tres vertentes e presbiterio a catro. Adro-cemiterio rodeado de enormes carballos. Obra barroca do século XVIII. No interior o piso é de granito. Pila bautismal de mármore e á dereita o acceso ao coro, de madeira. Na porta lateral, pía de auga bendita.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Capelas laterais con retablos e tallas sen valor: Inmaculada e San Xosé. Retablo maior de grandes proporcións, ocupa todo o lenzo posterior do presbiterio, neoclásico, século XIX, dun corpo de tres nichos e outras dúas laterais, coroado por un ático semicircular. Tallas: Dolorosa e Virxe do Carme, e nos esquinais superiores: A Virxe do Rosario e San Roque, con medallón de fondoSan Antonio, San Xoán Bautista e Sagrado Corazón.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– Panel sinaléptico do lugar
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.060698120991Lonxitude: -7.6382605992462
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




