
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Outeiro de Rei
Parroquia: Ponte de Rábade (Santa Mariña)
Lugar: Lugar da Igrexa.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de plano rectangular. O frontis con acceso en arco e espadana dun van. Todo o templo está revogado de cal. Nave a dúas augas. Presbiterio máis elevado ca nave, a catro augas. Arco triunfal de medio punto. Sancristía no mesmo corpo do presbiterio na parte posterior, con dous accesos.
Fotogrametría:
Propiedade: DescoñecidaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Retablo sinxelo so século XVIII, de características renacentistas con sobria decoración barroca. Un corpo de catro nichos. Sobre o sagrario, expositor de catro columnas: A Virxe co Neno no seu colo, coroa de madeira. Nos laterais do altar dos nichos: San Roque e a Virxe María e sobre peanas Santa Mariña, San Xustino, San Xosé e San Antonio de Padua. Presenta dous escudos na nave, un pouco borrosos, cuarteados que proveñen do piso da igrexa. No esquerdo aparece unha aguia, tres peixes e unha media lúa, no medio de cinco estrelas. No dereito, Unha aguia, peixes e barras, ademais dunha “M”, dos Montenegro, cun círculo e cinco caldeiros. Inscricións pouco lexibles de data 1625.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– Panel sinaléptico do lugar.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.110608811903Lonxitude: -7.6184253486121
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




