
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Alfoz
Parroquia: Adelán (Santiago)
Lugar: Lugar da Igrexa, 2.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A igrexa actual é o froito dunha serie de intervencións ao longo dos séculos. Del século XII consérvanse algúns elementos, aínda que a parroquia xa existía no século VII e hai autores que datan a portada no século X, pero o resto da construción é do século XVII. Ten tres naves separadas por arcos de medio punto e a sancristía situada detrás da cabeceira. A teitume da capela maior é de madeira e caída a catro augas e a sancristía a tres. A fachada principal conserva a portada románica, con arco de medio punto con dúas arquivoltas de arco de medio punto e dous pares de columnas con capiteis con ornamentación vexetal e zoomorfa. As bases son, a súa vez, capiteis invertidos da época sueva ou visigoda. Presentan decoración variada dende o peixe (primitivo signo cristián) ata a concha de vieira (o patrón da parroquia e de Santiago) pasando polos motivos vexetais. No muro exterior da sancristía, atópase unha cruz sobre o círculo que pode ser símbolo de consagración do templo na época medieval. Ten espadana de dous vans e consérvanse retablos no interior.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/21838/igrexa-parroquial-de-santiago-de-adelan?langId=gl_ES&ctre=31&tp=8.
– Panel informativo do lugar.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.516742918142Lonxitude: -7.3953070995564
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




