Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Riós
Parroquia: Riós
Lugar: Florderrei
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

A terminación “de Rei” é moi significativa, posto que fai referencia directa a
unha posesión da coroa. Hai na comarca dúas aldeas que teñen ese nome. A
primeira é Florderrei Vello (cuxa denominación antiga é Friol de Rei), e basa
a súa importancia no pasado e no sagrado. Alí estaría o Forum
Tamacanorum, o centro da tribo dos Tamagani, asentada esa importancia
nunha boa morea de achados arqueolóxicos e aínda máis grande a da
tradición oral, que converte en centro político e espiritual durante séculos a
este lugar. A vila era propiedade dos reis e, como tal, exerce de “embaixada”
encargada dos asuntos da coroa nestas terras. O devir da historia e a creación
de novas fronteiras polo nacemento do Reino de Portugal restou importancia
xeoestratéxica a esta poboación, trasladando os poderes a un novo Friol de
Rei, pero máis lonxe da fronteira e máis preto dos camiños que levaban a
León e Astorga. De feito, a aldea actual déixase ler en forma de poboación
amurallada, pois está nun farallón, amortecido pola agricultura, unido ao
monte por un estreito corredor, ideal para a defensa. Ademais, a presenza
dunha capela moi arcaica reforza a idea de neopoboación de propiedade real.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.967183159383
Lonxitude: -7.2578488788445
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84