
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo, Fortificacións urbanas,
Concello: Verín
Parroquia: Verín
Lugar: Verín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cando a vila de Verín se repoboou, oficialmente, na época do bispo Odoario,
e confirmando tan punto están os estudos de Rebeca Blanco Rotea ao
respecto, proveéuselle de murallas, das que temos a constancia de varios
torreóns, como o que está a carón do baluarte que queda doutra muralla do
século XVII, ou o de Ramiro, que estaría preto das Portas de Madrid. Esas
murallas viñan a conta da importancia estratéxica para cruzar o río Támega
nese lugar, co que se presume que tamén habería unha ponte e que,
posiblemente, tamén estaría fortificada. As murallas pouco coidado
recibirían, coa competencia de Monterrei ou Lobarzán, e sabemos por
documentación do XVI que o conde ondenou reconstruílas, co que o aspecto
antigo se perdería para dar paso a outro tipo de muralla máis formada por
terrapléns cubertos de pedra e elevados do terreo. Desa época e dunha
reconstrución posterior nos queda o baluarte do río; e da mesma, uns
pináculos e unhas doelas enormes nunha casa particular que poderían ser
perfectamente restos da única porta monumental que Verín tiña, que eran as
Portas de Madrid. No urbanismo pódense ver perfectamente as pegadas da
muralla rodeando a zona vella de Verín. Na desamortización, unha familia de
maragatos asentada na vila mercou a muralla e desmantelouna para vender o
material e as parcelas que resultasen. De aí os topónimos das rúas da Muralla
e o Foxo
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.940214418289Lonxitude: -7.4410148916228
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




