Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Riotorto
Parroquia: Aldurfe (San Pedro)
Lugar: Lugar da Igrexa.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de catro chanzos de cachoteria e pedestal troncopiramidal de granito. O varal cuadrangular con chafráns, mostra unha figura circular cunha roseta hexapétala. O seu capitel é cuadrangular, corintio con caras labradas baixo as volutas. A súa cruz é cuadrangular con chafráns con remates florenzados con botón central. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza lixeiramente cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Non ten imaxe no reverso.
Tamén é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/RIOTORTO/documents/28453ca002.pdf (Páx. 14).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.299144456869
Lonxitude: -7.3014493090921
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84