
Outra fotografía:
Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Noia
Parroquia: San Martiño de Noia
Lugar: Noia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Obra de 1889 na que se situaba a antiga Casa do Concello e que destaca pola extensa fachada principal. Acolle ao Instituto Virxe do Mar de Noia dende o 1953. A sobriedade é a súa característica máis destacada. Extremadamente simétrico e de inspiracións clasicistas . No corpo central da fachada, que se adianta con respecto aos outros dous, distínguense pilastras adosadas enmarcando tres espazos horizontais, no que van as tres portas de entrada polas que se accede por escalinata que vai de un lado ao outro deste corpo. Remata por enriba en frontón triangular que ten no seu interior inscrita a súa data de construción. As ventás e portas teñen os linteis feitos de sillería de granito e rematados con adornos na parte superior a modo de escudo. O resto do edificio esta feito de mampostería ou cachote, pois estaba concebido para estar revocado e pintado de branco. As últimas remodelacións deixaron esta pedra á vista, polo que a imaxe dos muros perdeu a súa lixeireza orixinal. No xardín dianteiro están simetricamente colocadas dúas fontes e dúas grandes palmeiras.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
García Vidal , Pedro. A Noia da Memoria. Pasado e presente dun casco histórico. Evolución urbana. Edita Concello de Noia. 1991. ISBN. 84-87879-01-2
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NOIA/documents/1610CA008.pdf
(pax. 5 de 10)
A historia e actividades do centro en:
http://www.edu.xunta.es/centros/iesvirxedomar/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.78436614686664Lonxitude: -8.8886958360672
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




