Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Noia / Noia (comarca)
Parroquia: Noia (San Martiño)
Lugar: Noia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O traslado dos franciscanos desde o lugar de Sueiro, en Argalo, onde estaba situado desde o ano 1316, á vila de Noia no ano 1522, fixo que se levantase na denominada “Agra das Viñas” a igrexa e convento de San Francisco. Situado hoxe nos Xardíns de Felipe de Castro, na Praza de San Francisco, o templo é de estilo oxival-renacentista e consta dunha soa nave de cruz latina con brazos laterais moi curtos, e cinco vans, sendo moi espazoso e proporcionado. Ten bóvedas nervadas nas capelas laterais. O tellado a dúas aguas con cuberta de tella do país e muros feitos a base de cantería rexa de sillería, que lle dá aspecto de gran solidez. Na fachada occidental, completamente lisa e carente de decoración, podemos ver a porta principal coa parte superior en forma de arco de medio punto, de grandes doelas de granito sen adornos, e na parte superior unha ventá . Remata a portada en ángulo cun escudo no muro, e no cume unha cruz. O campanario, no lado dereito, está nunha torre de tres corpos feita polo canteiro Rodrigo de Sedo, onde se aprecian escudos de numerosos fidalgos que apoiaron a ésta orde relixiosa. Presenta un fermoso claustro na súa parte posterior. Con motivo do traslado das dependencias municipais, logo da desamortización de Mendizábal a este lugar, deu lugar á instalación das mesmas sobre o claustro alto, mentras que no baixo foi instalado o cárcere.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

García Vidal , Pedro. A Noia da Memoria. Pasado e presente dun casco histórico.
Evolución urbana. Edita Concello de Noia. 1991. ISBN. 84-87879-01
Enlace web PXOM :
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOIA/documents/1610CA005.pdf
(páxina 3 de 10) .


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7849291393
Lonxitude: -8.8875746727
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84