Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Oímbra
Parroquia: Rabal
Lugar: O Terrón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Aínda que hoxe se lembra este balneario da aldeíña do Terrón, parroquia de Rabal, como Fonte do Muíño (polo espectacular muíño que hai a carón), o seu nome máis antigo era Fonte de Ogando. Dise que alí se tomaban baños de sol e da auga de dita fonte. A xente conta que non se podía beber, porque “queima as tripas”, e porque ten moito ferro e enferruxa as cousas, pero que ten propiadades curativas para o estómago, así que aquí temos novas contraditorias. Hoxe a fonte está abandonada, pero aínda conserva o recinto cadrado, feito en pedra, co manancial no centro, onde habería un chafarís ou algo semellante á Fonte da Facha, ao outro lado da fronteira, en Vilarelho da Raia. Esto moi preto do río. Ao outro lado do prado, hai un edificio alongado, de pranta baixa, que era onde antigamente se daban os servizos aos auguistas. Tamén había un servizo de barcazas para pasar ao outro lado do río cando non había ponte.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.85213879321
Lonxitude: -7.437587544776
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84