Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Verín
Parroquia: Vilamaior do Val
Lugar: Caldeliñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Así como a historia de Requeixo corre paralela á de Fontenova, o mesmo podemos dicir de Sousas e Caldeliñas. Este balneario ten o que podemos xa chamar augas termais, pois saen a unha media de 24,5º de temperatura, aptas para o baño, de mineralización media, cunha boa dose de litio, flúor, sodio e carbonatadas, indicadas para males urinarios, de fígado e aparato dixestivo, principalmente. A primeira alusión ao Balneario de Caldeliñas é do século XVI, pero non colle realmente pulo ata que o fotógrafo oficial da coroa española, Fernando Debas (fotógrafo de Alfonso XII e familia), adquire mediante compra os balnearios de Sousas e éste do que estamos falando, realizando fortes inversións nos dous, chegando os edificios construídos naquela época ata hoxe mesmo. O Balneario consta de dous edificios. Un deles, pegado á estrada, é o propio manancial, con varias piscinas onde se facían os baños colectivos de ambos sexos, con servizo de vestiarios e sanitarios públicos, toda unha novidade para a época da que falamos. Tamén aquí está o depósito de auga que proveía da mesma ao segundo edificio. Éste, moito máis monumental, sitúase uns 50 metros máis cara o oeste, moi preto das lamas que sempre acompañan este tipo de mananciais. Consta dun corpo cadrado, porticado e con columnas, que remata na parte de atrás nunha torre moi significativa, que era onde esta o depósito de augas e a caldeira que mantiña quentes as augas. Dentro, había dúas partes de baños individuais con bañeiras de cemento da época, diferenciados por sexos, e incluía vestiarios.
Entre os dous edificios existía un amplo xardín do que só quedan algúns plataneiros. O futuro aínda está por vir, pero aproveitar estas augas debería ser o obxectivo da nosa sociedade, pois dende os anos 60 do século pasado non se baña ninguén (oficialmente) nun dos lugares máis afamados fóra de Verín no pasado. Alí, poor exemplo, mataron ao alcalde Sola, de Verín; tamén alí apreixaron a Manuel Blanco Romasanta, o chamado home lobo de Allariz.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.959971516305
Lonxitude: -7.4288468822117
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84