Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Monterrei
Parroquia: Vilaza
Lugar: Vilaza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Requeixo e Fontenova sempre foron a mesma cousa, e dende o principio foron tamén a mesma propiadade, ata o día de hoxe. Abríronse ao mesmo tempo e o seu destino foi paralelo ata o día de hoxe. Tanto é así que hai planos documentados onde se ve o trazado do “acueducto”, unha tubería de ferro, que unía Requeixo con Fontenova, instalado para aproveitar o maior caudal de Requeixo en Verín. Toda unha obra de enxeñaría de case dez kilómetros de tubaxe. É cecais o lugar máis fermoso onde poñer un balneario, un val pechado, o do Búbal, agreste e boscoso, onde o rumor do río é constante e o barroquismo do mato fai innecesaria a man do home. E aínda así, tanto o pequeno e bonito hotel, como a pranta de embotellado, están tan ben integrados que semella que o lugar estaba feito precisamente para albergar un Balneario. Entre o hoteliño e a pranta de embotellado había antigamente unha marquesiña que hoxe quixeron emular, e que tabapa o lugar de recollida de auga do manancial, que se sitúa uns metros atrás, nunha especie de pendello antigamente cuberto cun cristal que dexaba ver o lugar exacto do nacente. Máis arriba, un monolito adicado a Cristo, feito ao máis estilo portugués, con azulexos de tonos azulados, remata o conxunto. As augas son moito máis quentes que en Verín e, de feito, no inverno, nótase o vapor que desprende a auga. É aínda máis sulfurosa que o resto pero o gas carbónico é máis fino e delicado, e ten un sabor excelente. O seu embotellado foi paralelo tamén ao de Fontenova, pero xa non se realiza dende os anos 60 do século pasado. Subindo polo río arriba está a minicentral eléctrica, a carón de varios muíños hoxe abandonados, e un vello camiño que acompañaba á tubaxe que traía a auga da presa das Chás ata a minicentral. Hoxe hai outro camiño paralelo e outra tubaxe, moito máis grande e moito máis arriba que o vello camiño.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.916136267692
Lonxitude: -7.5149169497445
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84