
Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Verín
Parroquia: Verín
Lugar: Verín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
O terceiro balneario de Verín fai honra ao seu nome e é a Fonte Nova, a máis moderna das tres, aínda que non foi moito máis alá dun lustro máis tarde que Cabreiroá. Organizou unha festa de inauguración que tivo sona ata os días actuais, arredor un edificio moderno, máis amplo que os outros dous balnearios e rodeado duns xardíns que foron os mellore da vila durante moitas décadas. Incluso se chegaron a proxectar películas de cine no verán neses xardíns. Por detrás, o edificio industrial, a pranta embotelladora, dun estilo menos estético que os outros pero moito máis moderno no seu momento e practicamente sen modificacións ata os anos 60, dos que provén o edificio actual, cunha torre que lembra a Monterrei e unha serea horaria que leva formando parte de Verín e da súa xente dende sempre.
A día de hoxe pertence a un empresario portugués do sector das augas e só embotella moi de cando en vez, pero hai décadas Fontenova chegou a ser a auga máis vendida de España, con publicidade ata na televisión da época. O gusto da súa auga embotellada era o mellor en opinión de boa parte dos habitantes do val. Tamén, no seu momento, Fontenova encargouse de crear un barrio propio para construír vivendas para os seus traballadores, o chamado hoxe Barrio da Flores.
O futuro ven con cantos de serea, pero coa integración de Fontenova nun proxecto de parque enorme, co auditorio, semella que a Fontenova lle agarda un renacemento. Ou eso é o desexo de moita xente de Verín que lembra con nostalxia o pasado espléndido que ten Fontenova.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.938365883753Lonxitude: -7.4296931502608
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




