Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Verín
Parroquia: Verín
Lugar: Verín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

A carón doutras lamas aparece outro balneario que no seu momento era o máis importante de Verín, cunhas características semellantes ás de Cabreiroá, pero cun cheiro máis marcado a auga sulfurosa. Polo lugar onde está é posible que estivese aproveitada a fonte dende moitísimo antes da construción dos edificios que vemos hoxe en día e que algúns datan da primeira metade do século XIX. Sábese que dende 1859 comezou a atraer visitantes de todos os puntos de Galicia e Portugal, e máis tarde dende toda España, sendo desta maneira o balneario máis antigo de Galicia no concepto moderno da palabra. Se algo chama a atención, tanto hoxendía como nas fotos antigas, é o quiosco, de 1892, en forma octogonal, como todos os edificios masónicos (igual que o de Cabreiroá, un pouco máis moderno) e que evolucionou dende unha estrutura de ferro forxado, moi do gusto da época, ata o edificio pechado que funcionou durante moitísimo tempo como Buvet, é dicir, como dispensador de augas. Rodeando o balneario estaban e están os xardíns, co paseo arborado e cuberto dunha marquesina tamén de ferro forxado para guiar prantas trepadoiras. A carón, o edificio máis bonito do conxunto, a vella pranta embotelladora, un edificio industrial que é o primeiro intento nesa vía por parte de Verín.
Hoxe segue embotellando con bastante éxito, e segue a ser un lugar que chama aos veciños a desfrutar das augas mediciñais.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.93916857819
Lonxitude: -7.4219447041561
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84