Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carnota
Parroquia: Santa Columba de Carnota
Lugar: Carnota
Outra denominación do ben: Igrexa de Santa Comba de Carnota
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Santa Columba de Carnota é un dos templos máis interesante que podemos atopar entre Fisterra e Muros. A súa fábrica, construída no ano 1755, pódese clasificar como pertencente ao barroco clasicista, fiel expoñente da corrente cortesá da arquitectura borbónica.
O interior, abovedado en aresta en case tódolos seus tramos, presenta unha planta a medio camiño entre a cruz latina e a ordenación basilical con tres naves. Consta dunha entrada-vestíbulo sobre a que se eleva unha esvelta torre campanario de dous corpos superpostos rematados en cupuliña e pináculo. Os piares do corpo de campás están formados por pilastras xónicas. Séguelle en planta a nave maior dividida en catro tramos separados, levantándose sobre o último o coro ós pés. Na cabeceira só existe unha ábsida, presidida por un fermoso retablo do escultor Ferreiro, así como a sancristía apegada ó costado esquerdo.
O deseño da fachada principal anuncia formas compositivas neoclásicas que se xeneralizarán no século XIX. A orde corintia das súas catro pilastras, o frontón triangular e un óculo ovalado, enmarcan unha portada con molduras barrocas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SORALUCE BLOND, J:R:; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitectura da provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son”, Vol. III, Deputación Provincial da Coruña, 1998.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CARNOTA/documents/0108CA001.pdf e o plano de ordenación correspondente ao ámbito das N.S.P. (1996) vixentes:


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.823212418346486
Lonxitude: -9.090591073036193
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84