Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Viana do Bolo
Parroquia: Bembibre
Lugar: Bembibre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

A primeira cita destas augas documéntase en 1536 a cargo do bacharel Olea: “Ay una fuente en Viana, en un lugar o aldea que se dice Bembibre, e otra en Valdiorras, de agua muy fría, que se lavan con ella dícese que van a socar, sudan mucho y sanan de muchas enfermedades que no curan los baños de Molgas”.

En 1697 cítase de novo na obra Espejo Cristalino de las Aguas de España, en el lugar de Bembibre en cuyo término está dicha fuente, metida dentro de un edificio a modo de arca de acueducto basto, y va medio desbaratado, en cuyo hueco cabrán dos personas… El agua es poca mas falta, y es muy cristalina, el olor es muy malo como de azufre”.

O manancial foi incluído tamén na Hidrología médica de Galicia de Taboadas y Leal (1877) onde se citan como “Aguas sulfurosas frías de Bembibre”. “Sus propiedades físicas son, como todas las de su clase, incoloras, claras y transparentes, con fuerte olor a huevos podridos, de sabor azufroso y de temperatura igual a la del agua común”, engade.

A creación do balneario atribúese ao doutor vianés José Manuel Armesto, que abriu as instalacións no ano 1896, mantendo a súa actividade ata o ano 1958. Ao parecer Armesto adquiriu os terreos en 1894 e construíu unha edificación destinada a balneario. Co paso do tempo, as calidades salutíferas das augas e o seu poder curativo propiciaron o crecemento das instalacións, que se completaron co levantamento dunha nova edificación de dúas alturas para acoller un hotel.

A estas instalacións sumaríase outro inmoble, actualmente en ruínas e separado da hospedaxe, onde se trataba aos doentes con chorros de auga quente a presión. O quentamento das augas levábase a cabo por medio dunha caldeira.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.143456726212
Lonxitude: -7.1418987610467
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84