Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: --
Parroquia: Portalón de acceso ó Pazo Varela de Limia
Lugar: Casagrande, Reza
Outra denominación do ben: Portalón da Casa Grande
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A escasos 2 km da cidade de Ourense, na parroquia de Santa María de Reza, atópase a chamada Casagrande ou Pazo de Varela de Limia.
Casa grande que debido ás diferentes reformas aparece moi transformado perdendo o seu aspecto unitario. Aínda así conserva elementos característicos dos pazos, como a finca rodeada dun gran muro e pechada por un gran portalón ou os diferentes escudos. Forma parte do núcleo do Reza. Terreo en forte pendente descendente en dirección S-N. Capela inserida na muralla. Datada en 1755, reflexando a súa importancia histórica.

No groso muro en pedra que rodea perimetralmente o terreo do pazo, está aberto na súa parte sur por un grande portalón decorado cun amplo escudo nobiliario. Sobre o lintel do mesmo corre unha inscrición que literalmente di: “Lo mando hazer D. Alonso de Mira Feijóo Enríquez Pérez de Novoa Sotomaior. Ano 1755”.

O escudo cuarteado, representa a catro liñaxes, no primeiro Enríquez (Castelo e León). No segundo Novóa (Aguia sobre castelo), no terceiro Ojea (Lúa minguante entre estrelas) no cuarto Sotelo (Árbore con raíces) tamén podería representar a propiedade do pazo.

Na parte exterior ten unha variada decoración propia do barroco civil galego, a composición busca a simetría e o volume, para resaltar a importancia do liñaxe. Na parte superior un elmo de fidalguía colocado de fronte. Sobre el destaca a cimeira que presenta unha forma de abanico, con plumas moi estilizadas. O elmo representa a condición nobre e militar da liñaxe. O escudo está enmarcado por unha exuberante decoración vexetal, formada por ese lambrequins ou follas de acanto rizadas que saen do elmo e caen polos laterais. O conxunto estrutúrase por catro grandes volutas situadas nas catro esquinas, esta decoración danlle ó monumento unha aparencia arquitectónica como un capitel monumental. Nos dous laterais aparecen unha vieiras ou rocallas, facendo que a pedra pareza ter vida propia baixo o sol.

Todo o conxunto está tallado nun bloque de granito con forma de trapecio invertido, esta peza funciona como remate dun portalón de entrada ó pazo, deseñado para impresionar a todo aquel que pase pola rúa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/9465/pazo-varela-de-limia-ou-deza?langId=gl_ES&tp=9&ctre=36

https://www.caminodesantiago.gal/en/recurso/-/recurso/9465/%7B0%7D

https://www.laregion.es/opinion/tribuna-pazo-casa-grande-varela-limia-reza_1_20191105-3202295.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.349581
Lonxitude: -7.891883
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84