
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Lalín
Parroquia: Donramiro (Santa María)
Lugar: Lugar de Montserrat, Donramiro.
Outra denominación do ben: Antiga capela da San Roque
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
O Licenciado Juan Josef Mosquera, cura párroco de Santa María de Donramiro, bendixo o 26 de setembro de 1817, a capela do Monserrat despois da reedificación da antiga ermida dedicada a San Roque, que comezara no ano 1812, en virtude de Auto de Santa Visita, a fin de establecer xunto a ela o Cemiterio, segundo estaba acordado por considerarse o sitio máis propicio. O custo foi de 7.271 reais e 17 maravedís que se empregaron na construción da Capela Maior, sancristía, lombos das paredes, teito e cal. Na obra traballaron o canteiro Antonio González e o carpinteiro Nicolas de la Iglesia.
A existencia da ermida de San Roque está testemuñada xa en 1119 nos documentos de doazón da igrexa de «Sancta María de Domno Ranemiri» (hoxe Donramiro) á igrexa lucense polo matrimonio Juan Díaz e Marina Luci, con data de 16 de xaneiro.
Como a devandita ermida fose de pequenas dimensións e estivese deteriorada mandouse reedificala, por Auto de Santa Visita do ano 1812, a conta dos caudais da Igrexa parroquial, porque carecía de rendas propias, quedando a súa fábrica tal como a coñecemos na actualidade. No ano 1817, atopándose xa restaurada para poder celebrarse nela o Santo Sacrifico da Misa e satisfacer a devoción dos fregueses que desexaban o seu culto e conservación, Juan Josef Mosquera cura párroco de Donramiro, solicita ao Bispo de Lugo se digne conceder licenza para bendicila a capela e poder celebrar nela os actos de culto. Xunto a ela pensábase construír o cemiterio porque o lugar era despegado e ventilado xa que o cemiterio parroquial estaba a quedarse moi pequeno.
Para seguir crecendo e aumentando a devoción á Virxe de Montserrat, no ano de 1882, sendo cura párroco de Donramiro e unidas Laureano Guitián Rubinos, desexando o citado párroco, aumentar máis e máis o culto e a devoción a esta Santa Imaxe da Virxe, solicitou e obtivo do Abade do Real Mosteiro de Montserrat de Cataluña, Miguel Muntadas e Romaní, a través de carta, do 5 de setembro de 1882, asinada por Ramiro Rondamilano, a agregación da Capela de Donramiro á Pontificia e Real Confraría da nosa Señora de Montserrat, establecida no soado Santuario, quedando agregada por concesión e Diploma, facendo participes aos fieis que se inscriban nela de todas as grazas e privilexios outorgados pola Cadeira Apostólica ao soado e primitivo Santuario de Montserrat de Cataluña; coa obrigación dos confrades ao ser admitido na Confraría de recibir os Santos Sacramentos para poder gañar a indulxencia plenaria, concedida ao novo Confrade polo Pontífice Pablo V. Esta confraría actualmente deixou de existir.
A Capela actual, e de pedra cunha única nave. Destaca sobre a súa fachada o seu esvelto campanario formado por tres corpos, o inferior cadrado, o superior octogonal e sobre o mesmo remátase cunha cúpula. Sobre os laterais hai ocos en saeteira e a súa cabeza é rectangular.
Na primeira quincena de setembro Donramiro énchese de veciños residentes noutras vilas e até noutros países, de amigos e de visitantes ocasionais. É o «mes grande» destas terras, nas que se celebran as festas en honra á Virxe do Montserra.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/LALIN/documents/0808ca006.pdf (Páx. 6).
– https://lalin.net/es/noticiasver/montserrat-entre-a-historia-e-a-lenda
– https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2025/09/13/reedificacion-bendicion-capilla-montserrat-donramiro-121523275.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.653222527695Lonxitude: -8.1202701035156
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




