
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Castro de Rei
Parroquia: Ludrio (Santa María)
Lugar: A Prazuela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:
A igrexa foi edificada sobre unha estación arqueolóxica e o seu ámbito aínda denóminase Terreos do Castro. O templo pode datarse do século XVIII, renovándose durante o século seguinte e volvendo restaurarse en datas moi próximas. Consta de nave rectangular cuberta a dúas vertentes, de lousa e renovada armazón de madeira e chan de granito; arco triunfal de medio punto con imposta que facilita o acceso á capela maior de planta rectangular, algo máis elevada co resto da fábrica. Con falso teito de madeira vernizada. A sancristía no lateral esquerdo é un engadido realizado en 1896. O frontis é liso, con remarques pétreos na porta principal e nas esquinas. Presenta na porta secundaria unha inscrición no lintel datada de 1896. Espadana sinxela con dobre oco para senllas campás e remate circular con cruz e pináculos pétreos. No exterior unha sorte de adro, no que se colocou a primitiva pila bautismal do século XVIII.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CASTRODEREI/documents/28291ca008.pdf (Páx. 24).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.116718517573Lonxitude: -7.4276617684301
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




