
Outra fotografía:
Tipo de ben: Mina,
Concello: Zas
Parroquia: Brandomil (San Pedro)
Lugar: Limideiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
No ano 138 a. C., o procónsul Décimo Xuño Bruto chega ás ribeiras do Miño emprendendo a conquista da Gallaecia. Como tódolos invasores, o seu afán sería sobre todo o de recadar ouro. Coa Galiza conquistada, esta pasa a constituír un inmenso couto mineiro romano, limitado polo mar e pola liña Braga-Astorga-Lugo, gardada pola VII Legia Gémina. Estes xacementos foron inmensamente explotados ata a caída do imperio romano.
Limideiro é unha desas minas de ouro explotadas ó aire libre polos romanos nunha zona de banda milonítica sendo o seu paraxénese, Mispiquel, Au. A mina abarca un amplo territorio formando un gran oco a modo de lagoa da que mesmo se di que se pode pescar, dado que nela desemboca un regato.
Na actualidade, aos pés da mina, por onde desauga, hai unha especie de lavadoiro onde van a limpar as cisternas con restos de augas fecais e demais restos.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ZAS/documents/26250CA032.pdf
pax. 3
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0128848549Lonxitude: -8.93734574318
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
Manuel Rial says:
Xan 11, 2012
Ter en conta a proximidade de Brandomil, vila romana que seguramente foi ocupada por xente de fóra de Galicia que viñeron explotar esta e outras minas da zona.
elixio says:
Xan 11, 2012
Eu sempre quisen ir alí, pois chamábame moito a atención o nome de Limideiro, ( coñécense como Limes (singular, en latín; plural: limites) os límites fronteirizos do Imperio romano (o término limes significa «límite», «frontera», en latín)..e ademais preto de Brandomil e do seu castro ao lado do río Xallas e a ponte romana. Non dei atopado información sobre esa lagoa, pero a mín sempre me pareceu suxerente. Gustaríame saber se hai algo escrito sobre a mina de Ouro.