
Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Mazaricos
Parroquia: San Cosme de Antes
Lugar: Antes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
Descubriuse no ano 1980 reutilizada como material de construción, facendo de lintel dun alpendre da igrexa e a casa reitoral. O cura párroco e o mestre Lois Trigo Martínez, do colexio de Antes, comunicáronlla a Acuña Castroviejo e Casal García quen a publicaron en Brigantium no ano 1981 (La estela funeraria de Antes, A Coruña) Trátase dunha peza de granito, rota na parte baixa. Baquetóns sinxelos divídena en tres rexistros, o central cunha inscrición funeraria. Na parte superior presenta un remate deteriorado. O rexistro superior contén unha lúa crecente e tres arcadas nun friso. No inferior a figura desproporcionada dunha figura humana de cabeza redonda esquemática sobre un longo pescozo, espida onde destaca o embigo e o que semellan uns xenitais ben marcados, se ben Castroviejo e Casal din que os órganos sexuais poden tratarse dun puñal cuxas antenas serían as dúas eferas que sobresaen por riba das mans da figura. Lese: “DI(s) M(anibus) S(acrum/P(osuit) M[—]/NA MA/XIMO A/NNORV/M LIII”, (“Adicado aos deuses Manes. Púxoo M[—]na para Maximus, falecido aos 53 anos”). Na actualidade atópase, tumbada, no alpendre. Algunhas publicacións sitúan a estela en Brandomil (Zas), se ben é certo que a orixe pode estar en calquera dos abundantes xacementos romanos da zona.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Acuña Castroviejo e Casal García, en Brigantium: La estela funeraria de Antes, A Coruña.
onosopatrimonio.blogspot.com
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.996398548636Lonxitude: -8.9118662251756
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84



620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




