Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Ponteareas
Parroquia: Cristiñade (San Salvador)
Lugar: O Feixoal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Peto de ánimas que forma parte do muro de peche dunha propiedade privada.
O conxunto presenta unha fornela cadrada portexida por un enreixado metálico. Na parte superior da fornela vemos unha cruz tipo latina sobre unha peaña coas arestas rebaixadas.
No interior da fornela podemos ver un retablo pétreo no que aparecen tres imaxes entre as lapas. Na parte baixa unha inscrición reza así:
“AÑO DE 1806 POR DOMINGO
PEREZ Y MUGER.
AÑO DE 1872 POR JUAN
PIÑEIRO-VIUDO”.

Na parte esquerda da fornela atópase un pequeno caixón para as esmolas.

Este peto foi reconstruído recentemente.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIA WEB
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/PONTEAREAS/documents/28344ca207.pdf (ficha 0703.01 // páxina 18)

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, Moné (2008). Cruces, cruceiros e petos do Concello de Ponteareas. Ed. Asociación galega para a cultura e a ecoloxía (AGCE).

REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.149081443599
Lonxitude: -8.520264204767
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84