
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Viveiro
Parroquia: San Pedro de Viveiro (San Pedro)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
No adro da igrexa parroquial (https://patrimoniogalego.net/index.php/32352/2013/01/igrexa-de-san-pedro-de-viveiro/) podemos ver este cruceiro que nace sobre unha plataforma cadrada.
A súa base e o varal son de sección cadrangular coas arestas rebaixadas
O capitel cadrado con molduras soporta unha cruz de sección cadrada, arestas rebaixadas e remates dos brazos florenzados. No anverso atópase a figura de Cristo crucificado baixo cartela de INRI e unha caveira baixo os seus pés do Cristo. No reverso aparece a Virxe en oración.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Segundo a bibliografía consultada, “o cruceiro foi cambiado de sitio para evitar que se seguisen repetindo as agresións que soportaba como consecuencia de frecuentes accidentes automobilísticos (o último, en setembro de 1988, protagonizado por un camión).”
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/270660801.html
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
VV.AA. (1996). Catálogo dos cruceiros e cruces da Terra de Viveiro. Seminario de estudos “Terra de Viveiro”
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.624620537691Lonxitude: -7.5879047201581
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




