Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Viveiro
Parroquia: Viveiro (Santa María e Santiago)
Lugar: Viveiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

No adro da igrexa de Santa María do Campo (https://patrimoniogalego.net/index.php/32331/2013/01/igrexa-de-santa-maria-do-campo-2/) podemos ver este cruceiro que nace sobre unha plataforma con dous chanzos de sección cadrada.
A súa base cúbica con molduras da paso a un varal de sección cadrada coas arestas rebaixadas.
Un capitel de sección cadrada con molduras da paso a unha cruz de sección cadrada, arestas rebaixadas e remates dos vbrazos florenzados. Nela podemos ver as imaxes de Cristo crucificdo baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe en oración no reverso. Baixo os brazos da cruz hai dúas figuras pregando.

A bibliografía consultada no di que “a cruz ergueuse en 1974… O seu autor foi o escultor Mallo, tal e como figura no reverso do fuste.”


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIA WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/270661203.html

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
VV.AA. (1996). Catálogo dos cruceiros e cruces da Terra de Viveiro. Seminario de estudos “Terra de Viveiro”.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.661798181116
Lonxitude: -7.5944943732902
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84