Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Viveiro
Parroquia: Viveiro (Santa María e Santiago)
Lugar: Viveiro - Avenida Cervantes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Edificación de estilo oxival que conxuga elementos románicos e góticos. Aínda que os franciscanos comezaron a súa construción no século XIII, da cal se conservan tres arcos descubertos en 1945 e unha porta, a estrutura actual con nave única e planta de cruz latina data maioritariamente do século XIV.
No exterior destaca a súa portada principal de estilo gótico, á cal se accede por medio dunha escalinata dobre e que posúe sobre a porta unha ventá produto dunha restauración practicada no ano 1682; esta portada está composta por un arco central de acceso e dous arcos menores flanqueándoo con columnas nas xambas, os cales antigamente comunicaban coas capelas de San Luís (bispo de Tolosa, patrón do gremio dos mareantes) e San Xoán Bautista (ou da Alba), hoxe pechadas con reixas. Destacan unhas grecas de época románica, os capiteis e os frescos dos martirios de Santa Lucía, Santa Bárbara e San Lourenzo.
O interior do templo, estruturado con bóveda de medio canón, pilastras e arcos de cantaría, conta sobre o cruceiro cunha cúpula do ano 1725, e o seu elemento máis grandioso é a ábsida pentagonal, do ano 1346 e restaurado no 1965, con bóveda de abano e cinco ventás oxivais.
Das súas capelas destacan as de San Ildefonso, do século XIV, cun retablo de estilo renacentista e relevos góticos que proceden do desaparecido convento de San Domingos; e a capela da Orde Terceira, do século XVIII, cun retablo barroco na que sobresae a imaxe do Ecce Homo, coñecida como o Cristo dos franceses ou a imaxe da Flaxelación “O Sentado” do século XV.

O conxunto formado pola igrexa e o anexo Convento de San Francisco (https://patrimoniogalego.net/index.php/32311/2013/01/convento-de-san-francisco/) están catalogados como Ben de Interese Cultural.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:

Dentro da igrexa sobresaen varios retablos de gran valor, como o renacentista da capela do baptisterio, doado e traído dende os Países Baixos por Juan Dutton e Aguilar; o barroco do século XVIII na capela da Orde Terceira, presidido pola imaxe da Dolorosa e onde se gardan grupos procesionais; e o da sancristía, que alberga o Cristo dos Mareantes do século XIV xunto a unhas vitrinas con reliquias de santos mártires traídas de Roma.
Así mesmo, o templo custodia importantes sepulcros na súa nave principal, entre os que destacan o da Beata Constanza de Castro e o do ilustre político, poeta e escritor Nicomedes Pastor Díaz (dende o ano 1923)
Finalmente, o conxunto complétase co claustro do antigo convento, unha obra do século XVII de estilo renacentista tardío que consta de dous corpos, o inferior con arcos semicirculares sobre pilastras e o superior de tipo alintelado


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.663182059262
Lonxitude: -7.5944802906698
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84