
Outra fotografía:
Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Viveiro
Parroquia: Viveiro (Santa María e Santiago)
Lugar: Viveiro
Outra denominación do ben: Porta Maior // Porta do Castelo da Ponte
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A Porta do Castelo da Ponte, coñecida tamén como Porta de Carlos V, sitúase fronte á Ponte da Misericordia (https://patrimoniogalego.net/index.php/32325/2013/01/ponte-da-misericordia/), na parte baixa da vila, e constitúe a principal entrada ao casco histórico de Viveiro.
Foi construída en 1548 para substituír unha porta medieval anterior, probablemente do século XIII. O seu principal construtor foi o mestre canteiro Pedro Poderoso. É unha das tres portas conservadas do antigo recinto amurallado da vila ((https://patrimoniogalego.net/index.php/33872/2013/01/murallas-da-vila-de-viveiro/).
Trátase dunha construción concibida como un arco de triunfo en homenaxe ao emperador Carlos I de España e V de Alemaña. A portada estrutúrase en dous corpos de pedra. No inferior ábrese un arco de medio punto, flanqueado polos escudos do Reino de Galicia e da cidade de Viveiro, enmarcados por columnas platerescas, e sobre o arco consérvase, moi erosionada, a seguinte inscrición:
“Hizose esta puerta siendo Corregidor el Licenciado Canosa de Tordesillas”.
No corpo superior destaca o escudo de Carlos V, rodeado polo Toisón de Ouro e as Columnas de Hércules, coroado por un frontón triangular sobre o que se sitúa o busto do emperador con cetro e coroa. O conxunto remátase cunha cornixa horizontal e un parapeto con troneras e ameas decoradas.
Tras diversos intentos de demolición ao longo do século XIX e comezos do XX, a Porta de Carlos V foi declarada Monumento Histórico-Artístico Nacional en 1942.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Na cara interior da porta atópase un retablo en madeira realizado a finais da década dos 50 do século pasado por Juan Luís Otero, que acolle unha imaxe de San Roque, copatrón de Viveiro, representada co can e un anxo.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB
https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/LUGO_Viveiro.pdf
https://amarinalucense.gal/es/puerta-de-carlos-v
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/6940/porta-de-carlos-v?langId=es_ES&tp=9&ctre=41
https://www.monumentalnet.org/monumento.php?r=LU-CAS-020-PCV
https://www.castillosnet.org/monumento.php?r=LU-CAS-020-PCV&seo=puerta-de-carlos-v-viveiro-lugo-galicia
REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
VV.AA. (1996). Catálogo dos cruceiros e cruces da Terra de Viveiro. Seminario de estudos “Terra de Viveiro”.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.662321680183Lonxitude: -7.5963040771524
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





8 comentarios
Oscar Franco says:
Xul 16, 2026
Detalle do escudo da esquerda.
Oscar Franco says:
Xul 16, 2026
Detalle do escudo central (escudo de Carlos V, rodeado polo Toisón de Ouro e as Columnas de Hércules, coroado por un frontón triangular sobre o que se sitúa o busto do emperador con cetro e coroa).
Oscar Franco says:
Xul 16, 2026
Deatlle do escudo da dereita (da cidade de Viveiro)
Oscar Franco says:
Xul 16, 2026
Detalle do retablo.
Oscar Franco says:
Xul 16, 2026
Detalle da parte esquerda do retablo.
Oscar Franco says:
Xul 16, 2026
Detalle da parte central do retablo.
Oscar Franco says:
Xul 16, 2026
Detalle da parte dereita do retablo.
Oscar Franco says:
Xul 16, 2026
Detalle da inscricion da fachada:
“Hizose esta puerta siendo Corregidor el Licenciado Canosa de Tordesillas”.