
Outra fotografía:
Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Viveiro
Parroquia: Viveiro (Santa María e Santiago)
Lugar: Viveiro
Outra denominación do ben: Porta do Santo Cristo do Amparo
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A Porta da Vila foi a principal entrada á vila de Viveiro a través do antigo Camiño Real. Trátase dunha construción medieval, datada entre os séculos XII e XIII, formada por un sinxelo arco de medio punto con bóveda de canón.
Nun dos seus muros interiores consérvase unha inscrición epigráfica en pedra, a máis antiga de Viveiro, coa seguinte lenda:
“ERA M.CC.L.V. IN TEMP: R: AF.”, que segundo a bibliografía consultada se interpreta como: “Era 1255 (ano 1217), en tempos do rei Afonso IX de León”.
A Porta da Vila é unha das tres portas que se conservan da antiga muralla de Viveiro, un recinto defensivo que contaba orixinalmente con cinco accesos (https://patrimoniogalego.net/index.php/33872/2013/01/murallas-da-vila-de-viveiro/).
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Sobre a cara interior do arco sitúase un retablo de madeira, realizado a comezos do século XX polo escultor José Otero Gorriti. Alberga o conxunto escultórico coñecido como Cristo ou Santo Cristo do Amparo, formado por un Cristo do século XVIII, flanqueado polas imaxes da Virxe das Dores e de San Xoán, ambas do século XVI e con mantos dourados. A devoción a esta imaxe fixo que a Porta da Vila sexa tamén coñecida como Porta do Cristo do Amparo.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB
https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/LUGO_Viveiro.pdf
https://www.monumentalnet.org/monumento.php?r=LU-CAS-020-PSC&seo=puerta-del-santo-cristo-viveiro-lugo-galicia
https://www.castillosnet.org/monumento.php?r=LU-CAS-020-PSC&seo=puerta-del-santo-cristo-viveiro-lugo-galicia
REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
VV.AA. (1996). Catálogo dos cruceiros e cruces da Terra de Viveiro. Seminario de estudos “Terra de Viveiro”.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.660476469805Lonxitude: -7.5949515203594
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





4 comentarios
Oscar Franco says:
Xul 16, 2026
Detalle do retablo.
Oscar Franco says:
Xul 16, 2026
Parte esquerda do retablo.
Oscar Franco says:
Xul 16, 2026
Parte central do retablo.
Oscar Franco says:
Xul 16, 2026
Parte dereita do retablo.