
Outra fotografía:
Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Viveiro
Parroquia: Viveiro (Santa María e Santiago)
Lugar: Viveiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A Porta do Valado é unha das tres portas que se conservan da antiga muralla de Viveiro, un recinto defensivo que contaba orixinalmente con cinco accesos (https://patrimoniogalego.net/index.php/33872/2013/01/murallas-da-vila-de-viveiro/). Situada nun acceso secundario da vila, esta porta comunicaba coa antiga calzada romana. Por ela accédese á Calexa das Monxas que delimita o convento das Concepcionistas.
Aínda que non se conservan inscricións que permitan datar con exactitude a súa construción, considérase unha porta románica do século XIII, levantada sobre un acceso de orixe romana.
Nos seus arredores atópanse o tramo mellor conservado da muralla de Viveiro e unha importante zona arqueolóxica con restos da fortificación e de vivendas medievais, que permiten coñecer a evolución histórica da cidade. Na actual rúa Nicolás Cora, antigamente coñecida como rúa do Valado, consérvanse tamén vestixios da muralla primitiva a ambos os dous lados da porta.
Desde 1949 a Porta do Valado está protexida como Ben de Interese Cultural (BIC), formando parte do patrimonio histórico de España.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB
https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/LUGO_Viveiro.pdf
https://amarinalucense.gal/es/porta-do-valado
https://www.monumentalnet.org/monumento.php?r=LU-CAS-020-PDV&seo=puerta-do-valado-viveiro-lugo-galicia
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/22651/porta-do-valado?langId=es_ES&tp=9&ctre=40
https://www.castillosnet.org/monumento.php?r=LU-CAS-020-PDV&seo=puerta-do-valado-viveiro-lugo-galicia
https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2016/09/porta-do-valado-viveiro.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.661430378461Lonxitude: -7.5930495413384
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




