
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Marín
Parroquia: Santa María do Porto de Marín
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Ao carón da igrexa parroquial (https://patrimoniogalego.net/index.php/122341/2026/08/igrexa-parroquial-nova-de-marin/) podemos ver este cruceiro, rodeado dun pequeno xardín e protexido por un enreixado metálico.
O conxunto nace sobre dous chanzos de sección cadrada.
A súa base cúbica de arestas e caras rebaixadas amosa diferentes relevos, entre eles unha barca e unha cuncha de peregrino.
O varal comeza cunha sección cadrada na parte baixa e pasa a octogonal na parte alta. ten esculpida a figura dun santo sentado no terzo inferior e un anxo de pé máis arriba.
A continuación o capitel de estilo coríntio, con volutas, motivos vexetais e caras de anxos nos catro lados.
O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe co Neno no colo coas imaxes dun faro, un timón e unha barca no reverso.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/MARIN/documents/22861ca002.pdf (ficha C17 – páxina 34)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360260401.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.391319732329Lonxitude: -8.6998433196996
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




