Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Marín
Parroquia: Santa María do Porto de Marín
Lugar:
Outra denominación do ben: Igrexa de Santa María do Porto
Cronoloxía: Descoñecida, Século XX,
Descrición:

Edificación cuxa construción comezou no ano 1946. Aínda que as dificultades económicas da posguerra ralentizaron o proxecto nos seus inicios, a chegada de novas subvencións permitiu reanudar os traballos en 1950, estendéndose ata marzo de 1956, momento en que se abriu oficialmente ao culto.
O templo amosa un estilo neoecléctico, estruturado sobre unha planta de cruz latina de brazos reducidos, dunha soa nave.
A súa fachada principal caracterízase por un pórtico aberto cunha balaustrada na parte superior contrastando a porta de acceso lintelada co deseño en arco da propia balaustrada. O conxunto exterior complétase cunha torre campanario no lado esquerdo e un frontón triangular no testeiro frontal que se rompe para albergar un escudo mariano e unha imaxe da Virxe.

No espazo interior destacan as súas bóvedas de canón, cuxos empuxes son absorbidos exteriormente por contrafortes acairoados; así como a súa cúpula central.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior o protagonismo recae sobre o altar maior presidido por unha peza que, segundo recolle algunhas bibliografías, foi realizada nos talleres do mestre imaxineiro compostelá Maximino Magariños Rodríguez
Esta obra, doada e financiada na súa totalidade polos armadores marinenses Hermanos Iglesias (Jesús, Vicente e Juan) como mostra de devoción mariñeira, presenta á Virxe co Neno en brazos e un faro aos seus pés.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/MARIN/documents/22861ca004.pdf (ficha E13 – páxina 26)
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/noticias/marin-el-nuevo-templo-parroquial/20130901231900236718.html

Iglesia de Santa María do Porto


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.390973503583
Lonxitude: -8.6996933140552
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84