Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte, Lavadoiro,
Concello: Noia / Noia (comarca)
Parroquia: Noia (San Martiño)
Lugar: O Pirillueiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Fonte da aldea do Pirillueiro feita polo concello de Noia no ano 1929. Está construída de granito e dispón dun lavadoiro. Nela, hai uns escritos onde se sinala o ano de construción e quen a construíu: “1929 POR EL AYUNTAMIENTO”. Está cuberta por un teito e conta cun muro antigo de aparello de cantería de granito e, enriba del, outro muro novo de bloque para soster a terra de enriba. Ten un cano metálico polo que sae auga mineral dunha bolsa de auga subterránea que hai no terreo denominado Xiraldos. Esa auga cae nunha pía central rectangular, e despois é conducida ao lavadoiro, de formigón, de planta rectangular e lados inclinados. Hai uns anos, construíron un muro baixo de bloque nun lado da fonte. Para acceder a ela, hai que pasar por un camiño en bo estado que na actualidade está cuberto de cemento, pero que antigamente puido estar empedrado, xa que hai algúns restos de pedras que quedaron á vista.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Ficha POXM Xunta: https://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/PlanBasicoAutonomico/2025_12/fichas_eltos_catalogados/Fichas_15057_Noia_29838.pdf

http://www.noia.es/pxom/DOCUMENTO_COMPLETO/MEMORIAS/TOMO_V_CATALOGO%20PATRIMONIO.pdf (Ficha 9.49 – Páxina 263)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.776367501747
Lonxitude: -8.8777136752177
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84