
Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Esgos / Ourense (comarca)
Parroquia: Pensos, Os (San Pedro)
Lugar: Campo da mama
Outra denominación do ben: Campo da mama
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Mámoa duns 20 metros de diámetro con cráter de violación. Está situada a uns 400 metros en liña recta da Ermida da Virxe do Monte nunha área con toponimia relacionada co megalito pois chámase “Campo da mama”. Foi localizada por Jose Antonio Gavilanes en 2013. Parece ser a primeira catalogada no concello de Esgos, está xusto no límite con Nogueira de Ramuín nunha paisaxe na que destacan un posible altar prehistórico con coviñas, outros petróglifos e a propia ermida que ten un interesante folclore asociado ao ancestral rito dos bois e o carro para decidir a localización do templo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA32021004
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
A toponimia do lugar fai referencia a este túmulo, a zona é coñecida como “Campo da mama”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://onosopatrimonio.blogspot.com/2013/11/mamoas-e-antas-de-galiza-ii.html
https://adrianourense.wixsite.com/petroglifos/arquitectura-prehist%C3%B3rica
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.356270765656Lonxitude: -7.6665313864918
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




