Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cee
Parroquia: Brens (Santa Baia)
Lugar: A Grixa
Outra denominación do ben: Igrexa de Santa Eulalia de Brens
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Situada na marxe esquerda da ría de Corcubión, a Igrexa de Santa “Eulalia” de Brens consta dunha capela maior rectangular e un corpo basilical dividido en tres naves, froito dunha ampliación sufrida no ano 1956. A nave central, orixinal, é máis ancha cas laterais. A sancristía está apegada á capela maior polo seu lado norte e comunica directamente coa sancristía. A capela maior cóbrese con bóveda de canón de cantería. Ós pés da igrexa aparece un coro alto ó que se accede por unha escaleira que discorre polo interior da torre. Chama a atención a presencia dun ciborio moderno sobre o cruceiro con forma de torre e rematado por un tellado a catro augas. As naves laterais divídense en tres tramos e cóbrense con bóvedas de formigón recentes. O exterior da capela maior é de perpiaños ben labrados en perfecta estereotomía e cóbrese cun tellado a dúas augas. A fachada principal seguía un esquema pentagonal, hoxe un tanto desvirtuado pola ampliación do templo. A torre de campás está apegada ó muro sur sendo de planta cadrada. Ten dous corpos: o inferior formado por catro arcos de medio punto sobre piares e o superior, coroado cunha lanterna rematada por un pináculo e adornada con outras máis pequenas de estilo barroco.

No interior destaca o retablo maior que se divide como é habitual en predela, corpo central e ático. Este retablo vincúlase pola súa decoración cos artistas composteláns Casas e Novoa e Simón Rodríguez. Así, apreciamos elementos decorativos típicos dos mestres citados, como orelleiras, estípites, froitas carnosa, placas… A fornela do pano central do corpo principal está presidida pola imaxe de Santa Eulalia con coroa de prata, palma de martirio e libro. É unha fermosa escultura barroca de excelente talla, con dobras moi delicadas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SORALUCE BLOND, J. R. e FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitectura da provincia da Coruña, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía», Vol. IV. Deputación Provincial da Coruña, A Coruña 1997.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CEE/documents/0118CA003.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.95037606868821
Lonxitude: -9.17308509349823
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84