
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Antas de Ulla
Parroquia: Arcos (Santa María)
Lugar: Arcos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Destaca a xanela da ábsida da igrexa como un dos elementos de maior beleza. Considérase que a parte interior da citada xanela seteira constituíu, nun primeiro momento, o Sagrario da igrexa.
No seu exterior está coroada por unha arquivolta de medio punto, que descansa nunha imposta, baixo a cal resaltan dúas columnas de elaborados capiteis con motivos vexetais. Sobre a arquivolta, obsérvase outro arco de medio punto con aresta baqueteada.
A porta principal da nave tamén está coroada por unha dobre arquivolta de medio punto, sobre a que resalta outro arco de decoración axedrezada. Ambas arquivoltas descansan sobre un par de columnas acobadadas, de fustes lisos e monolíticos, por cada lado.
Os catro capiteis presentan unha moi interesante decoración, en especial o dereito da arquivolta menor, que conta con dez cabezas humanas dispostas en dúas filas superpostas (unha central de tamaño superior ás outras nove).
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– Panel informativo do lugar.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.760522852066Lonxitude: -7.8960210084915
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Out 14, 2026
Engado as seguintes referencias web:
https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/LUGO_Arcos_Antas_de_Ulla.pdf
https://lascomarcasdaulloa.wordpress.com/2017/04/01/igrexa-romanica-de-santa-maria-de-arcos/
https://www.concellodeantas.org/web/es/monumentos/iglesia-romanica-santa-maria-arcos/